30/3/12

INFORMACION PUBLICA: Segregación de terreos do Tecor OU-10.214

Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas. Xefatura territorialOurense. Servizo de Conservación e Natureza

Expediente: 11/11 
Con data de rexistro 19/10/2011 e n.º de entrada 26.660, donJosé González Fernández, en calidade de representante do Tecor Societario Boborás, OU-10.214, presentou na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas (Servizo de Conservación daNatureza), unha solicitude de segregación de 42,12 ha de predios privados do devandito tecor. Os predios privados citados están situados en dúas zonas:- Zona de Sande, de 30,05 ha no concello de Boborás.- Zona de Ponterriza, de 12,07 ha, nos concellos de Boborás e O Carballiño. Unha vez vista a solicitude, e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, este servizo publica este anuncio coa finalidade de que calquera persoa, física ou xurídica, poida no prazo dun mes contadoa partir da publicación deste anuncio, examina-lo expediente e presenta-las alegacións que considere oportunas no Servizo de Conservación da Natureza, dependente da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa do Paseo, 18, 5º). Ourense, 1 de marzo de 2012. O xefe territorial. Asdo.: José César Losada Álvarez.

FONTE: B.O.P. nº 74 DO 29 DE MARZO DO 2012