30/3/12

CONCELLO DE ORDES: ANUNCIO de exposición pública do expediente para a instalación e posta en funcionamento de criadeiro de coellos de monte en semiliberdade no Pazo, Lesta.

A Sociedade de caza Santa Columba de Xesteda solicitou licenza municipal para a apertura da actividade de criadeiro de coellos de monte en semiliberdade no Pazo, Lesta, Ordes. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde a publicación do último anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo e Aperturas deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas. Ordes, 8 de febreiro de 2012. Manuel Regos Boquete. Alcalde

FONTE: D.O.G. Nº 62 do 29 de marzo do 2012