2/3/10

Información pública: Cambio de titularidad del TECOR C-10.015

Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural.Departamento Territorial da Coruña. Información pública. ANUNCIO. Por esta Xefatura Territorial e a instancia da Asociación Cinexética A Becacina cotitular do Tecor Societario C-10.015 “Vilarmaior-Baxoi-Fradiz”, e con domicilio social a efectos de notificación na rúa de Sagrada Familia, n.° 16-baixo, A Coruña, instrúese expediente para: Cambio de titularidade, denominación, modificación de límites e ampliación. Cambio de titularidade. Novo titular: Asociación Cinexética A Becasina Denominación: tecor societario Vilarmaior-Fradiz Modificación de lindes: se exclúe do tecor os terreos aportados pola Asociación Baxoi Ampliación: se amplía 139,27 has do “Monte Grande” nas parroquias de Torres e Vilamateo (Vilarmaior) e 289,19 has. de terreos particulares nas parroquias de Vilarmaior e Doroña (Vilarmaior). O que se fai público para xeral coñecemento, sinalándose o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio, para que as entidades e persoas que se consideren afectadas examinen o expediente que estará á súa disposición no Servizo de Conservación da Natureza, Edif. Adtvo. Monelos, 5.ª planta, praza Luis Seoane, s/n - A Coruña, e onde poderán ver as características das modificacións reseñadas e presentar durante o mesmo prazo as alegacións que puideran estimar convenientes ó respecto. A Coruña, 04 de febreiro de 2010. O XEFE TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL Asdo. Enrique L. de Salvador Sánchez 2010/2011
BOP 1 de marzo de 2010 • Número 39 • Página 31