D.O.G. Nº 79 do 26/4/2022: RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2022 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2022/23.
Tempada xeral: 16 de outubro de 2022 e o 6 de xaneiro de 2023
Arcea / becacina*: 16 de outubro de 2022 e o 6 de xaneiro de 2023.
Poderase prolongar ata o día 12 de febreiro de 2023. Cota de 3 por cazador e
día. (* a becacina está vedada nos concellos do Anexo IV da Orde)
Lebre: 16 de outubro e o 27 de novembro de 2022.
Raposo: No período hábil de caza menor pódese cazar nas distintas
modalidades de caza menor e en batida. Batidas desde o 1 de setembro ata o 15
de outubro de 2022, e desde o 7 de xaneiro ata o 12 de febreiro de 2023, os
xoves, sábados, domingos e festivos.
Corzos (machos): 20 de agosto ata o 15 de outubro de 2022, en
batida, montaría e axexo, os sábados, domingos e festivos, agás os axexos que
poderán ser todos os días. 1 de abril ata o 31 de xullo de 2023 na modalidade
de axexo.
Corzos (femias): PROHIBIDO O APROVEITAMENTO. Xustificado no Plan
Anual de aproveitamento, do 3 de setembro ata o 15 de outubro de 2022 ou ben
entre o 7 de xaneiro e o 18 de febreiro de 2023, en batida, montaría e axexo,
os sábados, domingos e festivos, agás os axexos que poderán ser todos os días.
Xabaril: Xoves, sábados, domingos e festivos desde o 20 de agosto
de 2022 ata o 26 de febreiro de 2023, nas modalidades de batida, montaría e
espera. SE AUTORIZA A CAZA NOS VEDADOS E ZONAS DE ADESTRAMENTO DE CANS DURANTE
TODA A TEMPORADA.
Cervo (machos e femias): 11 de setembro ata o 15 de outubro de 2022,
en axexo calquera día da semana, no caso de machos e femias adultas. E con
todas as modalidades, desde o 16 de outubro de 2022 ata o 8 de xaneiro de 2023,
os xoves, sábados, domingos e festivos (e calquera día no caso dos axexos).
Cabra montés (Tecores do Xurés): 15 de setembro de 2022 ata o 15 de
marzo de 2023.
Adestramento de cans (en Tecores): 1 de setembro de 2022 ata o 15
de outubro de 2022 os xoves, sábados, domingos e festivos de carácter estatal
ou autonómico, e desde o 16 de outubro de 2022 ata o 6 de xaneiro de 2023 os
xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico. Nos Tecor con
prórroga do período hábil de caza para a arcea, autorízase o adestramento de cans
sobre esta especie, sen petición previa, desde o 7 de xaneiro de 2023 ata o 12
de marzo de 2023 os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou
autonómico.
DESCARGAR DOCUMENTO COMPLETO EN GALEGO: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220426/AnuncioG0532-120422-0001_gl.pdf
DESCARGAR DOCUMENTO COMPLETO EN CASTELLANO: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220426/AnuncioG0532-120422-0001_es.pdf