23/1/14

Información pública: Extinción del TECOR Rebordachao

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Xefatura territorial. Ourense
Servizo de Conservación da Natureza
Expediente: 19/13
Con data de rexistro de entrada 12/06/2013, recibiuse no Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Servizo de Conservación da Natureza) un escrito de don Manuel Pérez Basalo, presidente
da xunta reitoria do monte veciñal en man común (mvmc) "Monte de San Mamede", concello de Vilar de Barrio, no que
solicita a extinción do Tecor societario "Rebordechao", OU-10.244, por caducidade e non renovación dos dereitos cinexéticos
do dito mvmc, de 1.928 ha, á sociedade titular dese tecor, o que supón unha extensión restante do tecor inferior ao mínimo
requirido de 2.000 ha. Unha vez vista a solicitude e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, este servizo publica este anuncio coa finalidade de que calquera persoa, física ou xurídica, poida no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP), examinar o expediente e presentar as alegacións que considere oportunas no Servizo de Conservación da Natureza, dependente da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa do Paseo, 18, 5º). Ourense, 14 de xaneiro de 2014. O xefe territorial. PS (Resolución do 22.05.2013). O xefe do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental. Asdo.: José Antonio Vázquez Quintela.