20/12/13

Información pública de un expediente de extinción de Tecor

- Servizo de Conservación da Natureza
Expediente: 14/13
Con data de rexistro 20/08/2013, presentáronse na Xefatura
Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas (Servizo de Conservación da
Natureza) solicitudes de extinción do Tecor "Serra San
Mamed", OU-10.250, por non acadar a superficie mínima de
2.000 ha á que se refire o artigo 13.2 da Lei 4/1997, de caza de
Galicia, debido a non renovación dos dereitos cinexéticos dos
montes veciñais en man común "De Xinzo" e "Cabezo e
Lamelas", no concello de Maceda.
Unha vez vista a solicitude, e tendo en conta o establecido no
artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo
común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro),
este servizo publica este anuncio coa finalidade de que calquera
persoa, física ou xurídica, poida, no prazo dun mes contado
a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da
Provincia (BOP), examinar o expediente e presentar as alegacións
que considere oportunas no Servizo de Conservación da
Natureza, dependente da Xefatura Territorial en Ourense da
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa
do Paseo, 18, 5º).
Ourense, 22 de novembro de 2013. O xefe territorial.
Asdo.: José César Losada Álvarez.