20/12/13

Expediente de creación de una explotación cinegética comercial en Ourense

Servizo de Conservación da Natureza
Expediente: 13/13
Con data de rexistro 28/08/2013 e n.º de entrada 7.175, presentouse
na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Servizo de
Conservación da Natureza) unha solicitude de segregación do
monte veciñal en man común (mvmc) "Vilanuíde", de 256 ha e
propiedade dos veciños da parroquia de Vilanuíde no concello
de Quiroga (Lugo), do Tecor societario "Larouco", OU-10.248, e
a declaración neses terreos dunha explotación cinexética
comercial denominada "ECC Vilanuíde".
Unha vez vista a solicitude, e tendo en conta o establecido no
artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo
común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro),
este servizo publica este anuncio coa finalidade de que calquera
persoa, física ou xurídica, poida no prazo dun mes, contado
a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da
Provincia (BOP), examinar o expediente e presentar as alegacións
que considere oportunas no Servizo de conservación da
natureza, dependente da Xefatura Territorial en Ourense da
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa
do Paseo, 18, 5º).
Ourense, 15 de novembro de 2013. O xefe territorial.
Fdo.: José César Losada Álvarez.