23/4/13

Información pública: Creación do Tecor "Cerveira"

Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas. Xefatura territorial Ourense. Servizo de Conservación da Natureza. Expediente 03/2013. Con data 28 de febreiro de 2013 e n.º de entrada 2.077, don Alberto Macía Vega, como presidente da Sociedade deCazadores de Cerveira, presentou na Xefatura Territorial deOurense da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas (Servizo de Conservación da Natureza) unha solicitude de segregación dos terreos do monte veciñal en mancomún (mvmc) de "Pradoalbar" e do mvmc de "San Mamed",do tecor municipal "Vilariño de Conso", e a creación posterior neses terreos dun novo tecor societario co nome de "Cerveira", no concello de Vilariño de Conso. Unha vez vista a solicitude, e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), este servizo publica este anuncio coa finalidade de que calquera persoa, física ou xurídica, poida no prazo de dous meses,contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP), examinar o expediente e presentar as alegacións que considere oportunas no Servizo deConservación da Natureza, dependente da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa do Paseo, 18, 5º).Ourense, 20 de marzo de 2013. O xefe territorial. Asdo.: José César Losada Álvarez.

B.O.P. Nº 93 23/4/2013