12/3/12

A información pública: Solicitud de ampliación del Tecor OU-10.114 Arnoia


Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Xefatura Territorial Ourense. Servizo de Conservación da Natureza Expediente: 01/12 Con data de rexistro 13.01.2012 e n.º de entrada 100, don Luis Oliveira Rivero, representante do TECOR societario “Arnoia”,OU-10.114, presentou na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Servizo de Conservación da Natureza) unha solicitude de ampliación do citado TECOR co monte veciñal en man común (mvmc) “Monte de Reza” de 153,62 ha.Unha vez vista a solicitude, e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13de xaneiro), este servizo publica este anuncio, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida, no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio, examina-lo expediente e presentar tódalas alegacións que consideren oportunas no Servizo de Conservación da Natureza, dependente da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa do Paseo,18, 5º).Ourense, 13 de febreiro de 2012. O xefe territorial. Asdo.: José César Losada Álvarez.

FONTE: B.O.P. de Ourense Nº 57 so 9 de marzo do 2012