9/1/12

La nueva Ley de Caza de Galicia sale a información pública.

DESCARGAR DOCUMENTO: Anteproyecto de la Ley de Caza de Galicia

ANUNCIO do 23 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se acorda someter a información pública o borrador do anteproxecto da Lei de caza de Galicia.

De conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xuño, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co ambiente que se refiren os artigos 17 e 18 desa lei, as administracións públicas, ao estableceren ou tramitaren os procedementos que resulten de aplicación, velarán por que se informe o público, mediante avisos públicos ou outros medios apropiados, como os electrónicos, cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

Dentro das materias sobre as que deben as administracións públicas asegurar que se observen as garantías en materia de participación, atópase a materia de conservación da natureza e diversidade biolóxica, segundo o artigo 18 da Lei 27/2006, do 18 de xuño.

Iniciada a tramitación do borrador do anteproxecto da Lei de caza de Galicia, de conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xuño,

ACORDO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo, o borrador do anteproxecto da Lei de caza de Galicia.

O borrador do anteproxecto da Lei de caza de Galicia poderase consultar na páxina web da Consellería do Medio Rural:

http://mediorural.xunta.es/nc/transparencia/elaboracion_de_disposicions_proxectos_e_actos_administrativos/

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas (Dirección Xeral de Conservación da Natureza), en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou a través da devandita páxina web.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2011.

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural