22/12/11

Solicitude de segregación de terreos do Tecor OU-10.105

Consellería do Medio Rural  Xefatura Territorial Ourense
Servizo de Conservación da Natureza Na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural (Servizo de Conservación da Natureza) o representante do Tecor societario "San Trocado e Cidade", OU-10.105, presentou unha solicitude para segregar do Tecor 160,50 ha de predios privados, cuxos lindeiros se estenden entre O Barbantiño pola N-541 ata Pazos de Arriba e o lindeiro actual do Tecor, situado no concello de Punxín.

Unha vez vista a solicitude, e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), este servizo publica este anuncio, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio, examina-lo expediente e presentar tódalas alegacións que consideren oportunas no Servizo de Conservación da Natureza, dependente da Xefatura

Territorial en Ourense da Consellería do Medio Rural (rúa do Paseo, 18 - 5º, 32003 Ourense).
Ourense, 4 de outubro de 2011. O xefe territorial.
Asdo.: Ricardo Ignacio Vecillas Rojo.