28/7/11

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2011 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitación ordinaria, do servizo para o desenvolvemento do Plan de Xestión do Lobo (expediente 19/2011)

1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: desenvolvemento do Plan de Xestión do Lobo.
c) División por lotes e número: non leva.
d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.
e) Prazo de execución/entrega: ata o 31 de decembro de 2012, contado desde o asinamento do contrato.
f) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.
Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 83.565 €; IVE (18%): 15.041,70 €; importe total: 98.606,70 €.

Valor estimado, incluídas posibles prórrogas (sen IVE): 98.606,70 €.
Anualidades: si. Ano 2011: 44.670,08 €. Ano 2012: 53.936,62 €.
5. Financiamento: 70% con fondos Feder.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non exixida.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas epígrafes H e I da folla de especificacións do prego.
7. Garantías exixidas.
Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o
IVE.
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n. 15781, Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 57 48-981 54 61 14 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 57 92.
e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás
14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no
enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16136

9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince
(15 días) naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que cómpre presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de
Compostela, CP 15781); poderán envialo por correo dentro do prazo de admisión sinalado
a este rexistro único, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12
de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de
rexeitamento ou exclusión.
Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión
ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax 981 54 57 92.
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural;
edificio administrativo San Caetano, s/n.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
c) Datas e horas:
A apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, o décimo segundo día hábil seguinte
ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso
en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
Hora: ás 12.00 horas.

A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a
cada un dos licitadores.
11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2011.
P.D. (Orde 24.4.2009; DOG n.º 81, do 28 de abril)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

FONTE: D.O.G. do 28/07/2011