26/10/10

A INFORMACION PUBLICA: SOLICITUD DE AMPLIACION DEL TECOR OU-10.211 “A GOBERNA – REGUEIRO”

Consellería do medio rural. xefatura territorial. Ourense 
Servizo de Conservación da Natureza. Na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural (Servizo de Conservación da Natureza) presentouse un escrito por parte de don José Ramón Salceda Balboa, que actúa como presidente da “Asociación de Cazadores A Goberna- Regueiro” e representante do tecor societario “A Goberna- Regueiro”, OU-10.211, no que solicita a ampliación do dito tecor cos montes veciñais en man común (m.v.m.c.) “De Alén” de 203 ha, propiedade dos veciños de Alén; “De Abeleira”, de 101 ha, propiedade do veciños de Abeleira; “Lamacega e Bisticobo” de 303 ha, propiedade dos veciños de Doade; “Correa”, de 124 ha, propiedade dos veciños de Correa; “Framia”, de 103 ha, e propiedade dos veciños de Framia; e de 208,50 ha de predios privados, todos eles no concello de Beariz. 
Unha vez vista a solicitude e demais documentación constitutiva do expediente de ampliación 05/10, e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), este servizo publica este anuncio co fin de que calquera persoa, física ou xurídica, poida, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio, examina-lo expediente e presentar tódalas alegacións que consideren oportunas no Servizo de Conservación da Natureza, dependente da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural (r/Paseo 18-5º-32003-Ourense). Ourense, 23 de setembro de 2010. O xefe territorial. Asdo.: Ricardo Ignacio Vecillas Rojo. 

FONTE: B.O.P. de Ourense Nº 245 do 23/10/2010