12/7/10

INFORMACION PUBLICA: VARIOS EXPEDIENTES DE AMPLIACION DE TECORES


Consellería do Medio Rural. XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERIA DO MEDIO RURAL. SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA. D. Christian López Carmona, en representación da Asociación de cazadores “Os Castros”, solicita a ampliación do tecor societario LU-10.012 “Os Castros” cos terreos do monte veciñal en man común de Seguín, na parroquia de Seguín, Concello de Pantón, con 141 hás. de superficie. O que se fai público para xeral coñecemento co fin de que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo DUN MES, desde a súa publicación no BOP. Lugo, 2 de xuño de 2010.- O Xefe de Servizo, Luis. González Vázquez. B.O.P. de Lugo Núm. 155 - Viernes, 9 de Julio de 2010. 
_________

Consellería do Medio Rural. XEFATURA TERRITORIAL. O Presidente do Tecor Societario denominado Cerdedo, matrícula, PO-10.055, do concello de Cerdedo, solicita ao Servizo de Conservación da Naturaza se lle conceda a ampliación dos terreos do Monte Vecinal en Man Común de Caroi (concello de Cerdedo). Polo presente edicto, faise público que o expediente de ampliación está a disposición de todos aqueles que poidan ter interese nel no Servizo Provincial de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural, na rúa Fernández Ladreda, nº 43-2ª planta, durante un prazo dun mes contados a partir deste edicto, podendo formular as legacións que estimen oportunas. O que se fai público en virtude do disposto no artigo 14.2. da Lei 4/97 de Caza de Galicia. Pontevedra, 10 de xuño de 2010.—O xefe territorial, Gerardo Zugasti Enrique. BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 131 — Lunes 12 julio 2010. 
_________

Consellería do Medio Rural. XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERIA DO MEDIO RURAL. SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA. D. Jesús Vence Rigueira, en representación da Sociedade de cazadores “Amorín”, solicita a ampliación do tecor societario LU-10295 “Amorín” coas parcelas 28 do polígono 1 e 97 do polígono 2, ambas propiedade de Emérita Gorgoso Pérez, na parroquia de S. Perdo de Labio, Concello de Lugo, con 14 hás. de superficie. O que se fai público para xeral coñecemento co fin de que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo DUN MES, desde a súa publicación no BOP. Lugo, 2 de xuño de 2010.- O Xefe de Servizo, Luis González Vázquez. B.O.P. de Lugo Núm. 155 - Viernes, 9 de Julio de 2010.