12/7/10

INFORMACION PUBLICA: CREACION DEL TECOR "RIO UMIA"

XUNTA DE GALICIA. Consellería de Medio Rural. XEFATURA TERRITORIAL. PONTEVEDRA. E D I C T O. O Clube de Cazadores “Río Umia” de Codeseda, do concello de A Estrada, solicita ao Departamento Territorial da Consellería de Medio Rural de Pontevedra, a constitución dun novo Tecor nos terreos actualmente integrados no Tecor denominado “Forcarei”, matrícula PO-10-042, do concello de Forcarei, polo que é necesario segregar parte do mesmo para a formación deste novo Tecor. Polo presente Edicto, faise público que este expediente de segregación e nova formación dun Tecor, están a disposición de todos aqueles que poidan ter interese nel no Servicio de Conservación da Natureza Consellería de Medio Rural, na rúa Fernández Ladreda, 2ª planta, durante un prazo de dous meses, contados a partir da data da publicación deste edicto, podendo formula-las alegacións que estimen oportunas. O que se fai público en virtude do disposto no artigo 14.2. da Lei 4/97 de Caza de Galicia. Pontevedra, 28 de xuño de 2010.—O Xefe Territorial, Gerardo Zugasti Enrique. Nº 130 — Viernes 9 julio 2010 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA