7/5/10

A INFORMACIÓN PUBLICA: Expediente de ampliación del Tecor OU-10.140 "A MERCA"

Ourense. Servizo de Conservación da Natureza. Expediente: 06/09 Na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural (Servizo de Conservación da Natureza) don Ramón González Rodríguez, como presidente da entidade titular do tecor societario "A Merca" OU-10.140, presentou unha solicitude de ampliación dese tecor con 231 ha de predios privados e cos montes veciñais en man común "Monte de Pereira" dos veciños de Pereira, de 229 ha e "de Parderrubias" dos veciños da parroquia de Parderrubias de 469 ha, todos do concello da Merca. Tódolos terreos son de réxime cinexético común (RCC). Unha vez vista a solicitude e aberto o correspondente expediente, e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), este servizo publica este anuncio, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida, no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio, examina-lo expediente e presentar tódalas alegacións que consideren oportunas no Servizo de Conservación da Natureza dependente da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería do Medio Rural (r/ Paseo, 18 - 3º, 32003 Ourense). Ourense, 14 de abril de 2010. O xefe territorial. BOP de Orurense Nº 102 do V e n r e s , 7 m a i o 2 0 1 0)