13/4/10

A INFORMACION PUBLICA: Expediente de segregación del Tecor "San Roque" de A Coruña

Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural. Departamento Territorial da Coruña. Información pública. ANUNCIO: Por esta Xefatura Territorial e a instancia de D. Manuel Blanco Rial, presidente da sociedade de caza "San Vicente", titular do tecor societario C-10.094 "San Vicente", con domicilio social a efectos de notificación na rúa de Blanco-Rajoy, n.º 61, 15120 VIMIANZO, instrúese expediente para a SEGREGACION de 78,20 has do tecor societario "San Roque" , nas parroquias de Baíñas e Serramo, e incluílas mediante AMPLIACION no tecor "San Vicente". O que se fai público para xeral coñecemento, sinalándose o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio, para que as entidades e persoas que se consideren afectadas examinen o expediente, que estará á súa disposición no Servizo de Conservación da Natureza, Edif. Adtvo. Monelos, 5.ª planta, praza Luis Seoane, s/n - A Coruña, e donde poderán ver as características da SEGREGACION / AMPLIACION e presentar durante o mesmo prazo as alegacións que puideran estimar convenientes ó respecto. A Coruña, 11 de marzo de 2010. O XEFE TERRITORIAL DA CONSELLERIA DE MEDIO RURAL Asdo. Enrique L. de Salvador Sánchez