5/1/10

Publícase no DOG a orde de Medio Rural que regula as axudas para a prevención de ataques de lobo ao gando

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe día 5 de xaneiro, as bases reguladoras das axudas para a prevención de ataques de lobo ao gando. A Consellería do Medio Rural estableceu unha liña de axudas a favor dos gandeiros afectados pola actividade depredadora do lobo, posto que a presenza deste animal é causa frecuente de conflito nos espazos rurais galegos.

A Consellería destina 28.000 euros para estas medidas, que inclúen diversas accións de protección dos rabaños, coa finalidade de afastar do gando doméstico aos lobos que puidesen depredalo. Con tal obxecto incentivase a adquisición de elementos preventivos e disuasorios dos ataques do lobo ao gando cabrún, bovino e vacún.

Liña de axudas
Mediante esta orde subvencionase a adquisición de cans mastíns e pastores eléctricos, o emprego de curros con malla electrificada e a instalación de cercados con malla ovelleira e postes de madeira tratada, cuxa adquisición teña lugar entre o 1 de xaneiro e o 20 de setembro deste ano 2010.

Beneficiarios
Poderanse acoller a estas axudas os gandeiros con explotacións na Comunidade Autónoma de Galicia das especies ovina, vacúa e cabrúa. O gando deberá estar identificado e saneado de acordo coa normativa e os beneficiarios terán que acreditar a súa inclusión no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

As solicitudes poden descargarse no DOG de hoxe cun prazo de presentación dun mes a partir da data de hoxe, 5 de xaneiro do 2010. (VER TEXTO DO DOG)