12/11/09

Responsabilidade nas cacerías

A infracción das prescricións do presente regulamento determinará a correspondente responsabilidade en vía administrativa, que se suxeitará ás prescricións seguintes:
1. Os titulares dos Tecor e os organizadores das cacerías de se-lo caso, serán responsables das infraccións que se deriven de cazar ou permitir cazar nas modalidades non incluídas no plan de ordenación aprobado para o Tecor, ou con incumprimento das condicións do antedito plan. Cando os titulares actúen como organizadores asumirán ademais, as responsabilidades destes e, en calquera caso, os titulares estarán obrigados a colaborar coa Administración en todo o que se refire ó disposto neste artigo.
2. Os organizadores de cacerías serán responsables en xeral do cumprimento dos requisitos e medidas concernentes á preparación e desenvolvemento daquelas, especialmente ás medidas de seguridade, colocación e condicións que deben reuni-lo postos; impedirán tanto cazar en liña de retranca como na faixa que corresponda arredor da superficie obxecto da cacería. Responsabilizaranse, así mesmo, de dárlle-las debidas instruccións a cantas persoas vaian participar na cacería, sexan cazadores ou auxiliares.
3. Os cazadores serán responsables das contravencións ó presente regulamento polos seus actos individuais, incluído o incumprimento das instruccións que para o bo desenvolvemento da cacería lles dera o organizador cando participen en modalidades colectivas. Así mesmo, todo cazador estará obrigado a indemnizar polos danos e perdas que ocasione con motivo do exercicio da caza, excepto cando o feito fora debido a culpa ou neglixencia do prexudicado ou por causas de forza maior.
FONTE: Artigo 40º do DECRETO 284/2001, DO 11 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O REGULAMENTO DE CAZA DE GALICIA.