7/11/09

Medidas precautorias de seguridade na caza

Con independencia do que dispoñan outras leis, durante o exercicio da caza deberá observarse o seguinte:
a) En tódolos casos en que se avisten grupos de cazadores que marchen en sentido contrario, ou que se vaian cruzar ou adiantar, será obrigatorio para todos eles descarga-las súas armas cando tales grupos se encontren a menos de cincuenta metros uns doutros e mentres se manteñan de fronte respecto ó outro grupo.
b) Nas cacerías que se organicen en forma de monterías, axexos ou tiradas colectivasprohíbese ter cargadas as armas antes do momento de chegar á postura ou despois de abandonala. Así mesmo, prohíbese o cambio ou abandono dos postos polos cazadores, acompañantes e os seus auxiliares durante a cacería, salvo por razóns de forza maiore logo de aviso ós postos estremeiros, sempre que estes estean á vista.
c) Nas monterías colocaranse os postos de modo que queden protexidos dos disparos dos demais cazadores, procurando aproveitar para tal efecto os accidentes do terreo.
d) Nos axexos de caza menor deberán colocarse os postos distanciados, polo menos, trinta metros uns doutros, salvo que non teñan vista directa. Así mesmo, colocaranse pantallas de protección, que deberán ter dimensións e colocación en altura convenientes, sen que a súa superficie sexa inferior a quince decímetros cadrados.
e) Salvo que se indiquen distancias superiores, na modalidade de axexo, os axexadores non deberán acercarse a menos de cincuenta metros das posicións de tiro dos cazadores e estes non dispararán cara á liña de axexadores cando esta se encontre a menos de cen metros ó alcance da escopeta.
f) Cada postor deberá explicar antes de empeza-la cacería a tódolos cazadores que coloque, o campo de tiro permitido, e estes absteranse de disparar fóra del e especialmente en dirección ós demais postos que teña á vista. Para estes efectos cada cazador está obrigado a establecer acordo visual e/ou verbal cos máis próximos para sinala-la súa posición.
g) Así mesmo, observaranse as normas que regulan o uso de armas en relación coas zonas de seguridade. 2. Como anexo III a este regulamento, figuran as normas de seguridade para axexos e para ganchos e monterías.

Fonte: Artigo 39º do DECRETO 284/2001, DO 11 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O REGULAMENTO DE CAZA DE GALICIA.