5/10/09

LAS ZONAS DE SEGURIDAD

Definición y clasificación: En relación con el ejercicio de la caza, se entiende por zona de seguridad aquella en la que deben adoptarse medidas precautorias especiales con el fin de garantizar la protección de las personas y sus bienes. Con carácter general, se prohibe en las mismas el ejercicio de la caza.

Artigo 25.-Descrición das zonas de seguridade.
1. Para os efectos do establecido no artigo 8.3 desta lei, consideraranse zonas de seguridade:
a) As marxes e zonas de servidume que se atopen cercadas das vías e camiños de uso público e as vías férreas.
b) As augas públicas, incluídos os seus leitos e marxes, nunha franxa de cinco metros do límite das maiores enchentes ordinarias.
c) Os perímetros dos núcleos urbanos e rurais e doutras zonas habitadas.
d) Os perímetros das vilas, edificios habitables illados, xardíns e parques públicos, áreas recreativas, zonas de acampada, recintos deportivos e calquera outro lugar que polas súas características sexa declarado como tal en razón do previsto no artigo 8.3.
2. Malia o previsto no apartado anterior, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, logo de petición dos titulares cinexéticos interesados, poderá autorizar a caza nas vías e nos camiños de uso público, así como nos leitos e nas marxes dos ríos, regatos e canles que atravesen terreos cinexéticos ou constitúan o límite entre eles. Nas
resolucións que se diten para o efecto, se son afirmativas, fixaranse as condicións aplicables en cada caso para exercitar a caza baixo a responsabilidade dos titulares da autorización.
3. Calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, poderalle solicitar, fundadamente, á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a declaración como zona de seguridade dun determinado lugar cando concorran as circunstancias previstas no artigo 8.3. As ditas zonas, no caso de seren así declaradas, deberán ser sinalizadas polo promotor conforme se determine regulamentariamente.

Artigo 25 bis.-A caza nas zonas de seguridade.
1. Queda prohibido circular con armas de caza cargadas e usalas no interior dos núcleos urbanos e rurais e noutras zonas habitadas ata o límite que acaden as últimas edificacións ou instalacións habitables, ampliado nunha franxa de cen metros en todas as direccións.
2. No caso de vilas, edificios habitables illados, recintos deportivos, xardíns e parques destinados ao uso público, áreas recreativas e zonas de acampada, o límite da prohibición ao que se refire o apartado anterior será o dos propios terreos onde se atopen instalados, ampliado nunha franxa de cen metros en todas as direccións.
3. Prohíbese circular con armas de caza cargadas e usalas no caso de autoestradas, autovías, vías rápidas, corredores, estradas nacionais, autonómicas e locais, nunha franxa de cincuenta metros de ancho a ambos os dous lados da zona de seguridade. En ningún caso se poderá disparar en dirección a outros camiños de uso público ou vías férreas.
Nas marxes das vías non incluídas no parágrafo anterior, se as condicións daquelas permiten o exercicio seguro da caza, poderase cazar ou situar os postos para os zapeos, ganchos ou montarías.
Nos carreiros e camiños rurais pouco transitados, destinados ao paso a pé e ao uso agrícola ou forestal, poderase cazar sempre que as condicións de seguridade o permitan.