5/7/09

O Director Xeral de Conservación da Natureza participou no consello da Red de Parques Nacionales, reunido en Huesca

A xuntanza deste órgano colexiado tivo lugar na localidade de Torla, con motivo da inauguración do novo Centro de Visitantes do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido O Consejo abordou a influencia do cambio climático na rede de parques nacionais, da que forma parte o das Illas Atlánticas de Galicia

Santiago, 1 de xullo de 2009.- O director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón Millán, participou na reunión do consello da Red de Parques Nacionales, que tivo lugar na localidade de Torla (Huesca), con motivo da inauguración do novo Centro de Visitantes do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido.

Este órgano colexiado, no que están representados o Goberno Central e as comunidades autónomas, ten como obxectivo fundamental coordinar a rede de parques nacionais do Estado, do que forma parte o Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Na xuntanza do Consejo fíxose un seguimento da influencia que está a ter o cambio climático global nesta rede, en particular no que atinxe á diminución da biodiversidade e a perda da produtividade da terra, como consecuencia da actividade humana. Tamén se abordou o plan de cría en cautividade do lince ibérico e avaliouse a execución de Plan E (Plan Español para el Estímulo de la Economía y el Empleo) nos Parques Nacionais.

Conservación da flora e a fauna silvestre

O Consejo de la Red de Parques Nacionales foi creado para a conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestre, como un órgano colexiado de carácter consultivo integrado por representantes da Administración Xeral do Estado e das comunidades autónomas. Deste organismo forman parte ademais un representante designado pola Asociación de Municipios de ámbito estatal, os presidentes dos Padroados dos parques e un representante de diversas asociacións vinculadas ao eido rural.Entre as súas funcións está a de conformar o marco para que as comunidades autónomas e a o Goberno Central poidan acordar instrumentos de cooperación financeira para asegurar o cumprimento dos obxectivos de conservación, así como a avaliación do alcance destes propósitos.

FONTE: NOVAS DA XUNTA