25/6/09

O Comité Galego de Caza reuniuse en Santiago para fixar as liñas reguladoras da actividade cinexética

Santiago, 24 de xuño de 2009.- Esta tarde celebrouse en Compostela o Comité Galego de Caza, primeiro punto de partida anual para a elaboración da comunmente denominada “orde anual de vedas”, que regula a capacidade e condicións da actividade cinexética na Comunidade Autónoma. Esta xuntanza estivo presidida polo director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón Millán, e da mesma formaron parte representantes daqueles sectores interesados en maior ou menor medida pola actividade da caza, tales coma federacións, universidades, asociacións de cazadores, entidades naturalistas e ecoloxistas, administracións, etc. Como principal obxectivo da xuntanza cabe sinalar a intención das partes de fixar as liñas de actuación e promover a adopción de medidas encamiñadas ao fomento, protección, conservación e ordenado aproveitamento da riqueza cinexética da Comunidade Autónoma de Galicia.

DATAS PROPOSTAS (PENDENTES DE APROBACION POLO CONSELLEIRO):

Período hábil, con carácter xeral: 18/10/2008 – 6/1/2010.

Arcea / agacha: 18/10/2009 – 31/1/2010.

Lebre: 18/10/2009 – 6/12/2010.

Raposo: 30/8/2009 – 7/2/2010.

Xabarín: 30/8/2009 – 31/1/2010

Corzo:

Machos: 30/8/2009 – 17/10/2009

Femias: 27/9/2009 – 17/10/2009 + 24/10/2009

Recechos 2010: 4/4/2010 – 1/8/2010

Cervo: 13/9/2009 – 9/10/2009 y 10/10/2009 – 31/1/2010

Fonte: http://novas.xunta.es