16/6/21

LOS TECORES EMPIEZAN A REACCIONAR ANTE EL ATAQUE DE UNIONS AGRARIAS


Ya hay reacciones de los Tecores a la "declaración de guerra" que ha hecho el sindicato Unión Agrarias (vinculado al PSdG). En lugar de buscar soluciones con la Xunta de Galicia, han optado por enfrentar a cazadores y agricultores. Una decisión incomprensible ya que ambos colectivos comparten el mismo espacio vital. Esta estrategia sindical va a ser respondida de forma contundente "sacando" esas parcelas de los Tecores. Estas son las consecuencias que tendrán para los agricultores que colaboran con el sindicato agrario: 
  • Los Tecores solicitarán a la Xunta de Galicia que les saquen las parcelas que no tengan un acuerdo de cesión en vigor.
  • Las parcelas pasarán a ser "zonas de exclusión" (Artículo 9.3 de la Ley 13/2013 de Caza de Galicia).
  • Al no alcanzar las 500 hectáreas estará prohibida la caza en esas parcelas. (Artículo 9.4 de la Ley 13/2013 de Caza de Galicia).
  • Al convertirse en refugios de fauna, el nivel de daños en esas parcelas se incrementará de forma muy importante.
  • Los cazadores no tendrán la obligación de hacer batidas o esperas, pasando toda la responsabilidad al agricultor.
  • Los agricultores tendrán que reclamar los daños directamente a la Xunta de Galicia.


A continuación transcribimos literalmente el Comunicado de prensa de la Sociedad de Caza y Pesca de Dozón

O TECOR DE DOZÓN CELEBRA ASEMBLEA DE SOCIOS ESTE DOMINGO

VOTARÁ RENUNCIAR AO APROVEITAMENTO CINEXÉTICO DAS PARCELAS DE EXPLOTACIÓNS QUE DENUNCIEN AO TECOR POR DANOS DE XABARÍL

Á vista das resolucións xudiciais polas que o TECOR recibiu fallo condenatorio, estando obrigado a pagar, nun caso 6.351 euros (firme), e noutro 3.300 (recorrida), que deixan nunha situación económica delicada a asociación, e que supón que tódolos socios teñamos que aportar novas cotas para facer fronte a este gasto, procederemos a propor a exclusión das fincas que nos demanden. Lembrar que ambas sentencias parten de denuncias de explotacións que auspiciados por Unións Agrarias, decidiron denunciarnos por vía xudicial e co apoio xurídico do propio sindicato, polos danos sufridos nos seus cultivos causados polo xabaril.

A esta medida chegamos por que non nos deixan opción. As sancións impostas son de todo inxustas, cando ademais as cuadrillas vímonos implicando de cheo durante os últimos anos para minorar estes danos. A decisión tómase coma unha medida para o futuro, xa que como TECOR non temos recursos económicos suficientes coma para facer fronte a novas denuncias, se isto acaba converténdose en habitual. Quen nos denuncie saberá que nos xa non participaremos na axuda ao seu problema, e os socios do TECOR non lle pagaremos os danos.

Non se trata de non querer facer fronte as responsabilidades que coma TECOR temos por Lei en canto a xestión do xabaril, pero igual que nos denuncian en aplicación da letra pequena que marca a norma, que nos responsabiliza de todo unha vez que temos os dereitos cinexéticos, pola mesma, podemos entrar no mesmo xogo, e de modo totalmente legal, poder desprendernos e renunciar aos dereitos cinexéticos daquelas parcelas que non sexan de interese para o TECOR, dese modo liberarnos de calquera responsabilidade nese eido.

Criticamos a estratexia de Unións Agrarias que anima a denunciar aos TECORES, nesta situación faise imposible tecer alianzas con eles na procura de solucións e colaboración. O sindicato non lles contou toda a verdade a aqueles que animan a denunciarnos, xa que os TECORES tamén nos ampara legalmente adoitar estas outras decisións. Deberían formular a súas protestas dirixidas á Administración pero sen involucrarnos aos TECORES, sobre todo aos que cumprimos cun esforzo maiúsculo durante todo o ano, e menos cando as sancións que nos impoñen poden acabar con estes TECORES que denuncian. Eles saberán, pero fraco favor fan a estas explotacións que nos denuncien, pois, antes que cazadores somos veciños, e cando dende o sindicato se cansen dende as súas oficinas, pois corren o risco de quedarse solos cos seus danos.

Coma mostra do noso compromiso coas explotacións gandeiras presentes en Dozón, na asemblea  someterase a votación crear unha cuarta cuadrilla de xabaril, coa que prestar aínda unha maior axuda.

En Dozón, a 15 de xuño de 2021

Sociedade de Caza e Pesca Dozón