6/11/20

COMUNICADO SOBRE A CAZA E COVID19 (6/11/2020)

SOLICITUDE ENVIADA Á DIRECTORA XERAL DE PATRIMONIO NATURAL DA XUNTA DE GALICIA (06/11/2020): 


UNITEGA EXPOÑE o seguinte:

1º) Que a Consellería de Medio Ambiente é a única administración autonómica competente en materia de caza en Galicia.

2º) Que a Secretaria Xeral para o Deporte non ten competencias en materia de caza.

3º) Que a Federación Galega de Caza só ten competencias delegadas pola Xunta de Galicia en materia de organización de campionatos de caza, nada máis.

4º) Que o único documento que habilita a un cidadán para poder cazar en Galicia é a licenza de caza, non a licenza federativa dunha entidade asociativa privada.

5º) Que vista a situación actual de desinformación e desconcerto entre os cazadores de Galicia, ante as restricións impostas para o control da expansión da epidemia de COVID19.

6º) Que visto o contido do punto 3.23. do ACORDO 76/2020, do 3 de novembro de 2020, da Junta de Castilla y León, polo que se establecen os niveis de alerta sanitaria e apróbase o Plan de Medidas de Prevención e Control para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, na Comunidade de Castilla y León; que foi publicado o pasado 4 de novembro e que dí o seguinte:" 3.23. Actividade cinexética. 1. Está permitida a actividade cinexética en todas as súas modalidades, sempre que se respecte a distancia de seguridade interpersoal. 2. Non se compartirán utensilios de caza, nin trebellos de comida ou de bebida." Enlace: http://bocyl.jcyl.es/.../11/04/html/BOCYL-D-04112020-9.do


SOLICITA:

Que se regule con claridade, da mesma forma que fixo o pasado 4 de novembro de 2020, a CCAA de Castilla y León (sen necesidade de declarar a caza "actividade esencial"), se os cazadores galegos (con licenza de caza en vigor) poden:

1º) Cazar ou non nos terreos cinexéticos da CCAA de Galicia.

2º) Se existen limitacións á mobilidade que afecten a os cazadores en Galicia.