D.O.G. Nº 108 do 4/6/2020: RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2020 pola que se determinan as épocas hábiles
de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies
durante a tempada 2020/21.
Tempada xeral: 18 de outubro de 2020 e o 6 de xaneiro de 2021
Arcea / becacina*: 18 de outubro de 2020 e o 6 de xaneiro de 2021. Poderase prolongar ata o día 14 de febreiro de 2021. Cota de 3 por cazador e día. (* a becacina está vedada nos concellos do Anexo IV da Orde)
Lebre: 18 de outubro e o 29 de novembro de 2020.
Raposo: No período hábil de caza menor pódese cazar nas distintas modalidades de caza menor e en batida. Batidas desde o 1 de setembro ata o 17 de outubro de 2020, e desde o 7 de xaneiro ata o 14 de febreiro de 2021, os xoves, sábados, domingos e festivos.
Corzos (femias): PROHIBIDO O APROVEITAMENTO. Xustificado no Plan Anual de aproveitamento, do 5 de setembro ata o 17 de outubro de 2020 ou ben entre o 7 de xaneiro e o 2 de febreiro de 2021, en batida, montaría e axexo, os sábados, domingos e festivos, agás os axexos que poderán ser todos os días.
Corzos (machos): 22 de agosto ata o 17 de outubro de 2020, en batida, montaría e axexo, os sábados, domingos e festivos, agás os axexos que poderán ser todos os días. 1 de abril ata o 31 de xullo de 2021 na modalidade de axexo.
Xabaril: Xoves, sábados, domingos e festivos desde o 22 de agosto de 2020 ata o 28 de febreiro de 2021, nas modalidades de batida, montaría e espera. SE AUTORIZA A CAZA NOS VEDADOS E ZONAS DE ADESTRAMENTO DE CANS DURANTE TODA A TEMPORADA.
Cervo (machos e femias): 13 de setembro ata o 17 de outubro de 2020, en axexo calquera día da semana, no caso de machos e femias adultas. E con todas as modalidades, desde o 18 de outubro de 2020 ata o 10 de xaneiro de 2021, os xoves, sábados, domingos e festivos (e calquera día no caso dos axexos).
Cabra montés (Tecores do Xurés): 15 de setembro de 2020 ata o 15 de marzo de 2021.
Adestramento de cans: 1 de setembro de 2020 ata o 17 de outubro de 2020 os xoves, sábados, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, e desde o 17 de outubro de 2020 ata o 6 de xaneiro de 2021 os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico. Nos Tecor con prórroga do período hábil de caza para a arcea, autorízase o adestramento de cans sobre esta especie, sen petición previa, desde o 7 de xaneiro de 2021 ata o 15 de marzo de 2021 os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.
DESCARGAR DOCUMENTO COMPLETO EN GALEGO: https://unitega.files.wordpress.com/2020/06/anunciog0532-280520-0001_gl.pdf