D.O.G. Nº 75 do 16/4/2024: RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2024/25.
Tempada xeral: 20 de outubro de 2024 e o 6 de xaneiro de 2025
Arcea / becacina*: 20 de outubro de 2024 e o 6 de xaneiro de 2025.
Poderase prolongar ata o día 9 de febreiro de 2025. Cota de 3 por cazador e
día. (* a becacina está vedada nos concellos do Anexo IV da Orde)
Lebre: 20 de outubro e o 24 de novembro de 2024.
Raposo: No período hábil de caza menor pódese cazar nas distintas
modalidades de caza menor e en batida. Batidas desde o 1 de setembro ata o 19
de outubro de 2024, e desde o 7 de xaneiro ata o 9 de febreiro de 2025, os
xoves, sábados, domingos e festivos.
Corzos (machos): 17 de agosto ata o 19 de outubro de 2024, en
batida, montaría e axexo, os sábados, domingos e festivos, agás os axexos que
poderán ser todos os días. 1 de abril ata o 31 de xullo de 2025 na modalidade
de axexo.
Corzos (femias): Xustificado no Plan Anual de aproveitamento, do 7
de setembro ata o 19 de outubro de 2024 ou ben entre o 7 de xaneiro e o 15 de
febreiro de 2025, en batida, montaría e axexo, os sábados, domingos e festivos,
agás os axexos que poderán ser todos os días.
Xabaril: Xoves, sábados, domingos e festivos desde o 17 de agosto
de 2024 ata o 23 de febreiro de 2025, nas modalidades de batida, montaría e
espera. SE AUTORIZA A CAZA NOS VEDADOS E ZONAS DE ADESTRAMENTO DE CANS DURANTE
TODA A TEMPORADA.
Cervo (machos e femias): 15 de setembro ata o 19 de outubro de 2024,
en axexo calquera día da semana, no caso de machos e femias adultas. E con
todas as modalidades, desde o 20 de outubro de 2024 ata o 5 de xaneiro de 2025,
os xoves, sábados, domingos e festivos (e calquera día no caso dos axexos).
Cabra montés (Tecores do Xurés): 15 de setembro de 2024 ata o 15 de
marzo de 2025.
Adestramento de cans (en Tecores): 1 de setembro de 2024 ata o 19
de outubro de 2024 os xoves, sábados, domingos e festivos de carácter estatal
ou autonómico, e desde o 20 de outubro de 2024 ata o 6 de xaneiro de 2025 os
xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.
Nos Tecor con prórroga do período
hábil de caza para a arcea, poderá permitirse o adestramento de
cans sobre esta especie e exclusivamente para realizar censos desde
o 7 de xaneiro de 2025 ata o 9 de febreiro de 2025, os xoves, os domingos e os
festivos de carácter estatal ou autonómico; e desde o 10 de febreiro de 2025
ata o 9 de marzo de 2025, todos os días da semana.
DESCARGAR DOCUMENTO COMPLETO EN GALEGO: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240416/AnuncioG0691-010424-0002_gl.pdf
DESCARGAR DOCUMENTO COMPLETO EN CASTELLANO: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240416/AnuncioG0691-010424-0002_es.pdf
DESCARGAR DOCUMENTO COMPLETO EN
PORTUGUES: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240416/AnuncioG0691-010424-0002_pt.html