26/10/17

A Xunta aproba case 21 millóns de euros, ampliables, para prestar apoio a todos os afectados polos lumes a través dunha orde de axudas conxunta

Haberá axudas para os titulares de terreos cinexéticos ordenados (Tecor), cun orzamento de 300.000 euros. Estas axudas estarán destinada aos propietarios destes espazos para facer fronte aos traballos de recuperación e protección dos recursos, así como de elementos tales como refuxios, fontes, comedeiros, cercados, ou elementos de sinalizacións.