Coas achegas de todos eles elaboramos unha proposta de medidas para aliviar as situación na que se atopan, e que se podería estender no tempo si non se adoptan medidas sensatas por parte da Consellería de Medio Ambiente.
Esta batería de propostas elaborouse tendo en conta a lexislación vixente en materia de caza e de prevención de incendios; polo que en ningún caso sería necesario facer modificacións legais, afectando soamente a criterios que vén aplicando a Administración en base a protocolos internos de actuación.