19/8/25

Reunión en Riós: afectados polos incendios en Ourense

Debido á traxedia que estamos a sufrir no Oriente de Ourense, convocamos unha reunión cos Presidentes e directivos dos Tecores afectados polos incendios para, entre todos, poder falar da situación na que nos atopamos.

O obxectivo é dar a maior información posible e poder intercambiar ideas e propostas para afrontar este desastre.

A reunión celebrarase o vindeiro sábado 6 de setembro, ás 17:00 horas, en Riós (Ourense). Edificio Multiusos (xunto o Centro de Saúde). Entrada libre.

Prégase que difundades esta mensaxe cos tecores veciños, para que chegue ao máximo de cazadores posible.