29/10/18

Consulta de UNITEGA: Brote de mixomatose en lebres

A Subdirección General de Sanidad e Higiene Animal y Trazabilidad do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, remitíu un informe relativo á situación do brote de mixomatose en lebres que afecta a xa a varias comunidades autónomas da metade sur da Península Ibérica.

O brote foi detectado por primeira vez na semana do 20 xullo de 2018 en varios coutos da provincia de de Córdoba, en setembro xa afectaba a 8 provincias das comunidades autónomas de Andalucía, Castilla- La Mancha (segundo o informe do Ministerio do 12.09.2018), e no momento actual xa afecta a 12 provincias das comunidades autónomas de Andalucía, Castilla- La Mancha, Extremadura, Madrid e Murcia. Estes datos indican que se está a producir unha que diseminación moi rápida da enfermidade.

Ante esta situación e como medida de preventiva non se poderá trasladar coellos ou lebres silvestres procedentes das zonas afectadas para realizar soltas ou repoboacións, e todas as repoboacións e soltas de coello requirirán unha autorización individualizada para poder efectuarse.

As autorizacións individualizadas para cada repoboación ou solta son imprescindibles para poder valorar en adiante todos os posibles traslados de coellos ou lebres segundo a situación do momento, porque as zonas afectadas pola enfermidade son cada vez máis amplas.

Por outra parte solicitámoslle a súa colaboración para que nos comuniquen calquera sospeita de mortalidade anormal en lebres ou coellos, e que en caso de atopar ou capturar animais sospeitosos os entreguen o antes posible para o seu análise. Para a entrega de animais ou mostras están abertos os mesmos puntos de entrega e están a súa disposición as mesmas persoas de contacto que se estableceron en 2014 para o plan de vixilancia da enfermidade vírica hemorráxica no coello de monte (xuntamos copia Plan de Vixilancia EVH).

Agradecendo de anteman a súa colaboración, reciba un cordial saúdo,

Dirección Xeral de Patrimonio Natural