30/5/18

RESUMO PERIODOS DE CAZA EN GALICIA 2018/19


D.O.G. Nº 102 do 30/5/2018: RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2018/19.

Tempada xeral: 21 de outubro de 2018 e o 6 de xaneiro de 2019

Arcea: 21 de outubro de 2018 e o 6 de xaneiro de 2019. Poderase prolongar ata o día 10 de febreiro de 2019. Cota de 3 por cazador e día.

Lebre: 21 de outubro e o 25 de novembro de 2018.

Raposo: No período hábil de caza menor pódese cazar nas distintas modalidades de caza menor e en batida. Batidas desde o 1 de setembro ata o 20 de outubro de 2018, e desde o 7 de xaneiro ata o 10 de febreiro de 2019, os xoves, sábados, domingos e festivos.

Corzos (machos): 25 de agosto ata o 20 de outubro de 2018, en batida, montaría e axexo, os sábados, domingos e festivos, agás os axexos que poderán ser todos os días.

Corzos (femias): 1 de setembro e o 20 de outubro de 2018 ou ben entre o 7 de xaneiro e o 3 de febreiro de 2019, á escolla.

Xabaril: Xoves, sábados, domingos e festivos desde o 25 de agosto de 2018 ata o 3 de febreiro de 2019, nas modalidades de batida, montaría e espera.

Cervo, gamo e muflón: 1 de setembro ata o 30 de setembro de 2018, calquera día da semana, no caso de machos adultos e femias adultas en descaste e, con todas as modalidades, desde o 21 de outubro de 2018 ata o 13 de xaneiro de 2019, os xoves, sábados, domingos e festivos e calquera día no caso dos axexos.

Cabra montés (Tecores do Xurés): 15 de setembro de 2018 ata o 15 de marzo de 2019.

Adestramento de cans: 1 de setembro de 2018 ata o 20 de outubro de 2018 os xoves, sábados, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico, e desde o 21 de outubro de 2018 ata o 6 de xaneiro de 2019 os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.. Nos Tecor con prórroga do período hábil de caza para a arcea, autorízase o adestramento de cans sobre esta especie, sen petición previa, desde o 7 de xaneiro de 2019 ata o 15 de marzo de 2019 os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.