30/3/18

Os gandeiros de Parada de Sil alertan dos danos que lles está a causar o xabaril

Os gandeiros de Parada de Sil teñen que completarlle a dieta ás vacas con silo. Pero desta volta non é pola seca. É polos estragos que lles fan nos prados os xabaríns. Piden permiso para facer batidas, e poder facerlles fronte ás mandas de porcos bravos, que mesmo se achegan ás hortas das vivendas. >>> VER A NOVA >>>