26/11/16

O grupo de traballo do Plan de acción para paliar os danos ocasionados polo xabaril reúnese para avaliar as medidas adoptadas

Esta mañá reuniuse de novo o grupo de traballo multidisciplinar encargado de deseñar e facer o seguimento do Plan de acción global para paliar e previr os danos ocasionados polo xabaril. Esta xuntanza inscríbese na aposta polo diálogo continuo e fluído entre as disintas administracións e organizacións pero, nesta ocasión, o principal obxectivo foi comezar a avaliar as medidas executadas ata o momento, coa meta de poder dispoñer dun balance a finais de ano.

O Plan de acción global, que xa está en marcha, articúlase ao redor de catro eixos: accidentes de tráfico, danos producidos na agricultura, xestión e aproveitamento da especie, e educación e formación. O obxectivo fundamental de todas as medidas é previr e minimizar os danos que causa esta especie na comunidade autónoma, ao tempo que se preserva a conservación destes animais.

FONTE: CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACION DO TERRITORIO