7/11/16

Mato destaca que a nova Lei de benestar animal avanza cara ao sacrificio cero, na loita contra o abandono e maltrato animal

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en funcións, Beatriz Mato, presentou hoxe a nova aplicación do Rexistro de Identificación de Animais Domésticos (REGIAC) que garante maior seguridade e mellora os trámites. Explica que se trata dunha novidosa ferramenta que busca mellorar en prestacións e eficiencia á que se viña utilizando ata agora, que contaba con máis de dez anos de antigüidade. >>> VER NOTICIA COMPLETA >>>