5/4/16

O lobo non se defende mellor equivocándose de inimigo

O xoves pasado mantivemos unha reunión coa Dirección Xeral de Medio Ambiente e de Conservación da Natureza. Queríamos plantexarlle os problemas derivados dos ataques dos lobos nas nosas comarcas, así como o noso punto de vista e aportar as posibles solucións que consideramos poden axudar a paliar a situación. Quero en primeiro lugar negar que se houbera falado de dar batidas para o lobo nas nosas comarcas, pero si falamos do novo estudio que acaba de publicar o Magrama e que vai ampliar a Xunta sobre a evolución dos censos do lobo.

Tamén plantexamos as nosas propostas que son tres e son coñecidas publicamente, pero non por iso vou deixar de citalas de novo.

1) Que a Xunta pague os danos que debe de 2104 e 2015.

2) Axustar os varemos de indemnizacións a prezos reais así como o pago do lucro cesante derivado dos danos nos rabaños.

3) Que se estude a posibilidade de que en situacións especiais avaladas tecnicamente poida aportárselles comida, nalgúns casos de animais domésticos que eles mesmos mataron e non acabaron de comer. A sociedade ten que saber que todos os animais que morren por calquera causa son queimados de forma obrigatoria por unha funeraria que pasa a recollelos a diario, tamén os que morren no monte polos ataques dos lobos son retirados os seus restos e igualmente levados a queimar. Onde está o problema de que acaben de comer os restos dos animais que eles mesmos mataron? Ben, pois ca lexislación vixente non poden. Aos pobres hai que retirarlla tan pronto se detecte o sinistro. Nunca o entenderemos igual que non entenderemos que os defensores do lobo non houbesen feito algo para evitalo. Pois vaise publicar un decreto que esperamos solucione en parte o problema.

4) O estudio di que hai unha poboación estable a alza asentada en todo o territorio galego e con máis presencia no interior da provincia de Pontevedra. Nós detectamos un aumento das manadas por iso plantexamos que se os estudios técnicos e científicos o avalan poida procederse ao seu control, como fan os biólogos encargados de xestionar o lobo na Serra da Culebra.

Este é o noso plantexamento ecoloxista-conservacionista. Pero non por iso imos deixar sola á poboación rural que padece as consecuencias e as paga en silencio, pois solo se denuncia o 80% dos ataques, nin imos calar ante un problema real e serio. Menos poñer en tela de xuizo un programa bio que queremos desenvolver nas nosas comarcas, enfocado a novas oportunidades de xerar emprego a mozos que o buscan e a moitas persoas que xa fan as cousas moi ben e queren dar un paso á produción ecolóxica, co único argumento que o de contestar a un titular de xornal. Non cabe dúbida de que temos moito que aprender e en iso estamos todos os días. O ecoloxismo non é solo o lobo, e a nós non van a ser estes o que nos dean o carné de ecoloxistas, porque non se defende mellor o lobo equivocándose de inimigo.

*Secretario comarcal de UU AA

FONTE: EL FARO DE VIGO