30/4/16

Aparece un oso en Bertamiráns

Un veciño de Bertamiráns, preto de Santiago, asegura que viu un oso pardo solto onte á noite cando volvía para a casa. Efectivos do Seprona rastrexaron esta mañá a zona na busca de pegadas do animal. O home proporcionounos unha gravación de vídeo co animal fuxindo cara ao monte.

Ten moi claro que o animal que onte á noite viu na Paraxe Porto de Bertamiráns, neste camiño, era un oso pardo. Así nolo contaba Jose, o protagonista de tan sorprendente presenza.

O matrimonio que vive na casa do muro ao que subiu o animal mostrou moita sorpresa ante a noticia e tamén certa preocupación.

Esta mañá estivo na zona unha patrulla do Seprona na procura de pegadas.

Na zona acollían incrédulos a noticia da presenza dun oso e Jose no seu traballo foi protagonista como testemuña dunha escena, como pouco, sorprendente.


FONTE: CRTVG