11/12/15

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO.- Informe sobre actividades dos centros de recuperación de fauna salvaxe da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

AS AVES REPRESENTAN UN 85% DOS INGRESOS REXISTRADOS NOS CATRO CENTROS DE RECUPERACIÓN DE FAUNA DE GALICIAO Consello da Xunta presentou esta mañá un informe sobre a actividade dos centros de recuperación, con motivo do Día Internacional do Dereitos dos Animais.No que vai de ano, producíronse un total de 2.802 ingresos, dos cales un 80% foron nos centros de Oleiros e Cotorredondo, en Pontevedra.Do total de animais ingresados vivos, acadouse a recuperación dun 60,53% (1.282), dos cales 1.000 xa foron devoltos á natureza.O obxectivo principal para o horizonte 2020 é deter a perda de biodiversidade e a degradación dos servizos ecosistémicos.