15/10/15

XURESTEC declara a Francisco Chan persoa non grata no Xurés.

A Asociación de Tecores do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés (XURESTEC) quere manifestar o seu malestar polas opinións vertidas na revista FEDERCAZA polo Presidente da Asociación de Caza Maior de Galicia, Francisco Chan Méndez.

Méndez di no seu artigo o seguinte: “Otra novedad que el año pasado había puesto a Galicia en el mapa del íbex internacional ha caído en una situación de incertidumbre propiciada por los intereses localistas tan propios de estas tierras. Será mejor o peor, pero lo que es subastas de monteses no habrá este año y cada coto del Parque Natural del Xurés se someterá a la tradicional ley “del perro y su pija”. Veremos lo que pasa, pero, cuando menos, imagen de seriedad para un recurso económico importante para el entorno, no ofrece.”

XURESTEC quere manifestar o seguinte:

1º Que de ningún modo existe unha situación de incerteza con respecto ao aproveitamento da cabra montés durante a presente tempada.

2º  Que o aproveitamento se fará de forma conxunta, como a tempada pasada, polos catro Tecores que aceptaron o Plan de Aproveitamento da Dirección Xeral de Conservación dá Natureza. Tan só un Tecor non aceptou o Plan da Xunta de Galicia. Así que non cabe lugar para a lei “del perro y su pija”, como afirma Méndez no seu artigo.

3º Que non se utilizará a poxa, debido á mala experiencia sufrida na tempada pasada. Ademais, ningunha empresa das que se interesaron polo aproveitamento, quería que se volvese aplicar ese sistema.

4º Que para XURESTEC, o feito de buscar a forma de corrixir erros e mellorar a posta en práctica do Plan de Aproveitamento, é unha mostra da seriedade coa que se trata este asunto.

5º Que XURESTEC seguirá defendendo á caza social, sen importarlle o máis mínimo os intereses comerciais das empresas de orgánicos.

Os Presidentes das Sociedades de Cazadores dos Tecores que integran XURESTEC van proceder a informar a todos os socios cazadores do contido do citado artigo, para que teñan coñecemento da opinión que o Presidente da Asociación de Caza Maior de Galicia ten da xestión que se vai a facer da caza da cabra montés.

Ademais, acordouse declarar a Francisco Chan Méndez “persoa non grata no Xurés”, xa que coas súas opinións están a provocar un dano considerable á caza social da Comarca da Baixa Limia.


COMUNICADO DE XURESTEC