16/10/14

INFORMACION PÚBLICA: SEGREGACION DE TERRENOS DEL TECOR DE LUINTRA

Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas. xefatura territorial. Ourense. Servizo de Conservación da Natureza. Expediente: 21/13.

Con data de rexistro 20/12/2013, e número de entrada 11.533, presentouse na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Servizo de Conservación da Natureza), unha solicitude de segregación de terreos pertencentes ao monte veciñal en man común (m.v.m.c.) "Monte do Rego", ao m.v.m.c "Ampliación do Rego" e ao m.v.m.c. "A Cruz e trinta e nove máis", do Tecor "Luíntra – Nogueira de Ramuín" OU-10.039, e a posterior creación dunha explotación cinexética comercial de réxime aberto denominada "Canón do Sil", nestes terreos.


Nos procedementos iniciados con base na mesma solicitude do interesado (segregación e creación dunha explotación cinexética comercial), con prazos de resolución e períodos de información pública diferentes, procede resolver en primeiro lugar o procedemento que serve ou fundamenta ao segundo, nos termos dos artigos 42 e 43 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), así como da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, e xustifica que non se poida acudir á previsión do artigo 73 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Atendendo ao anteriormente exposto, procede resolver a solicitude de segregación dos terreos citados no primeiro parágrafo, do Tecor societario "Luíntra- Nogueira de Ramuín". Unha vez vista a solicitude e revisado o expediente, e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este servizo publica este anuncio coa finalidade de que calquera persoa, física ou xurídica, poida no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP), examinar o expediente e presentar as alegacións que considere oportunas no Servizo de Conservación da Natureza, dependente da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas (rúa do Paseo 18, 5º). Ourense, 5 de setembro de 2014. O xefe territorial. Asdo.: José César Losada Álvarez.

BOP DE OURENSE