1/6/14

O noroeste da Península Ibérica reúne a maior concentración de foxos de lobo do mundo

A orixe do foxo é prehistórica. Comezou sendo un simple e primitivo buraco no chan que, co paso dos séculos, foi evoluíndo e perfeccionándose. As primeiras referencias escritas que o relacionan co lobo son medievais. Nesa época case todas as aldeas do noroeste penínsular foron dotándose de foxos, cuxa construción e mantemento eran parte das obrigas semanais da poboación rural durante unha serie de meses ao ano, “sendo fortemente multadas aquelas parroquias e/ou veciños que non acudisen ao mandado”, sinala Alberte Reboreda no traballo “Espazos lupinos de Galicia: os foxos do lobo”. >>> VER EL ARTICULO COMPLETO >>>