9/2/14

Información pública: Solicitud de segregación para crear una Explotación Cinegética Comercial en A Veiga

Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas xefatura territorial. Ourense.
Servizo de Conservación da Natureza. Expediente.: 11/13. Con data de rexistro 02/07/2013 e n.º de entrada 5.468, presentouse na Xefatura Territorial de Ourense  a
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Servizo de Conservación da Natureza) unha solicitude de segregación do monte veciñal en man común (mvmc” “Biduedo e Serra do Eixo, de 1.669 ha propiedade dos veciños de Riomao no concello da Veiga, do Tecor societario “A Veiga”, OU-10.249, e a Declaración neses terreos de dúas explotacións cinexéticas comerciais (ECC), denominadas “Armada de Riomao Oeste” sobre a parcela “Biduedo e Portela do Balado” do citado monte; e outra denominada “Armada de Riomao Leste”, sobre a parcela “Peñan, Paredes e Azureira”, do mesmo monte. Unha vez vista a solicitude e o expediente, e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), este servizo publica este anuncio coa finalidade de que calquera persoa, física ou xurídica, poida no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP), examinar o expediente e presentar as alegacións que considere oportunas no Servizo de Conservación da Natureza, dependente da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería e Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa do Paseo, 18, 5º) Ourense, 20 de xaneiro de 2014. O xefe territorial. Asdo.: José César Losada Álvarez.BOP de 08/02/14: