21/2/14

Informacion pública: Ampliación del Tecor societario "Viana do Bolo", OU-10.079

Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas. Xefatura territorial Ourense
Servizo de Conservación da Natureza
Expediente: 09/13
Con data de rexistro 28.06.2013 e n.º de entrada 5.384, presentouse na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Servizo de Conservación da Natureza) unha solicitude de ampliación do Tecor societario "Viana do Bolo", OU-10.079, con oito montes veciñais en man común (mvmc), en réxime cinexético común ou como refuxio de fauna, no concello de Viana do Bolo. Unha vez vista a solicitude e revisado o expediente, considérase que o mencionado Tecor se pode ampliar cos seguintes mvmc. - "Comunal de Grixoa" dos veciños de Grixoa con 325 ha "Pico de San Bernabé" dos veciños de Covelo con 31 ha - "Serra de San Mamede" dos veciños de San Mamede, con 110 ha - "O Lombo" dos veciños de Tabazoa de Hedroso, con 110 ha. - "Campo da Gonza" dos veciños de Hedroso, con 134 ha, e - "Campo da Gonza" dos veciños de Quintela de Hedroso, con 375 ha.
Tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), este servizo publica o presente
anuncio coa finalidade de que calquera persoa, física ou xurídica, poida no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP), examinar o expediente e presentar as alegacións que  considere oportunas no Servizo de Conservación da Natureza, dependente da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa do Paseo, 18, 5º). Ourense, 20 de xaneiro de 2014. O xefe territorial. Asdo.: José César Losada Álvarez.

BOP de Ourense do 17 de febreiro de 2014