4/7/13

INFORMACION PUBLICA: SEGRACION DE TERREOS DO TECOR SANTA AGUEDA - BARBANTIÑO

consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas xefatura territorial
Ourense. Expediente: 01/13
Con data de rexistro 06/02/2013 e n.º de entrada 1.367, José Ángel Cabo Varela, como presidente da entidade titular do Tecor Societario "Santa Águeda-Barbantiño", OU-10.148, presentou na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Servizo de Conservación da Natureza) unha solicitude de segregación de tres terreos dese tecor denominados zona 1, zona 2 e zona 3, cun total de 2.048 ha, segundo solicitude válida e cartografía, nos concellos de Ourense, Amoeiro, Coles, Vilamarín e A Peroxa.
Unha vez vista a solicitude, e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, este servizo publica este anuncio coa finalidade de que calquera persoa, física ou xurídica, no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio, poida examinar o expediente e presentar as alegacións que considere oportunas no Servizo de Conservación da Natureza, dependente da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa do Paseo, 18, 5º). Ourense, 30 de maio de 2013. O xefe

BOP Nº 146 DO 27 DE XUÑO DE 2013