26/6/13

Información pública: Ampliación del Tecor de Prado

Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas. xefatura territorial Ourense Servizo de Conservación da Natureza Expediente: 04/2013 Con data rexistro 16/04/2013 e n.º de entrada 3.239, Alberto Gándara Pérez, como presidente da entidade titular do Tecor Societario "Prado", OU-10.192, presentou na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Servizo de Conservación daNatureza) unha solicitude de segregación de 54,72 ha, pertencentes ao monte veciñal en man común (mvmc) "Veredo e Coutada, Chao de Zudro e Portela e Chao de Couto" no concello de Muíños, do Tecor "Muíños e Lobios", OU-10.066, e a súa ampliación co Tecor lindeiro "Prado", OU-10.192.


Unha vez vista a solicitude, e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), este servizo publica este anuncio coa finalidade de que calquera persoa, física ou xurídica, no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio, poida examinar o expediente e presentar as alegacións que considere oportunas no Servizo de Conservación da Natureza, dependente da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa do Paseo, 18, 5º). Ourense, 31 de maio de 2013. O xefe territorial. Asdo.: José César Losada Álvarez.

Hoy en el BOP  de Ourense, do 26/6/2013.