20/5/13

Solicitude de ampliación do Tecor societario “A Goberna-Regueiro”, OU-10.211

Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas. Xefatura territorial Ourense. Servizo de Conservación da Natureza. Expediente: 07/12.

Na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Servizo de Conservación da Natureza) presentouse con data de rexistro 28.06.2012 e n.º de entrada 4.188, unha solicitude de ampliación do Tecor societario "A Goberna-Regueiro", OU-10.211 cos montes veciñais en man común (mvmc) segredados no seu día do Tecor "Forcarei", PO-10.042, denominados "Serra e Seixo", dos veciños de Ricobanca (concello de Beariz), de 118 ha de extensión e "Peniñas, Pico, Rego do Couto e Lomba" dos veciños de Alvite (concello de Beariz), de 109 ha de extensión, ambos na condición actual de refuxios de fauna. Unha vez vista a solicitude, e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), este servizo publica este anuncio, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida, no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio, examina-lo expediente e presentar tódalas alegacións que consideren oportunas no Servizo de Conservación da Natureza, dependente da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa do Paseo, 18, 5º). Ourense, 8 de novembro de 2012. O xefe territorial. PS (Orde 24.09.2009). 

O xefe do servizo de Contratación e Apoio Administrativo. Asdo.: Julio Díaz Salcedo.

B.O.P. DO 20 DE MAIO DE 2013