16/5/12

A XUNTA PON A DISPOSICIÓN DOS CIDADÁNS POR PRIMEIRA VEZ TODA A INFORMACIÓN CARTOGRÁFICA EN FORMATO ACCESIBLE A TRAVÉS DUNHA PLATAFORMA WEB DE DESCARGA

Desde hoxe a información cartográfica galega é máis accesible para os cidadáns gracias á xeración e publicación de máis de 20.000 mapas correspondentes a catro series cartográficas de Galicia. Trátase dunha iniciativa pioneira do Goberno galego a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET) un ente de recente creación pero que está a dar grandes pasos como órgano de apoio á administración local.


Segundo informou esta mañá Manuel Borobio, director do Instituto de Estudos do Territorio durante a xornada de traballo para a Coordinación e Difusión da Información nas Administracións, celebrada na Escola Galega de Administración Pública en colaboración coa Fegamp, a cartografía que se pode consultar e descargar en formato pdf é a Base topográfica de Galicia, o Mapa de Usos do Solo do ano 2005, a ortofotografía do PNOA do ano 2009-2010 e a ortofotografía do Voo Americano do ano 1956, unha cartografía inétida que suporá, tras dous anos de traballo, máis de 4.000 mapas daquela época, coa toponimia actual. 

A iniciativa supón un impulso á difusión simplificada con alta calidade a través dunha plataforma desenvolvida con software libre que permite facer buscas segundo as necesidades do usuario, xa sexa por unidades administrativas, por coordenadas xeográficas ou por referencia catastral, entre outras. Esta plataforma que nace hoxe e á que se pode acceder a través de http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/mapa.html, incrementará a súa base de datos pouco a pouco, ao punto que se prevé aumentar con outros 20.000 mapas nos vindeiros meses. As novas incorporación serán, entre outras, os produtos derivados da cobertura LiDAR, as novas ortofotografías, a actualización do Sistema de Información de Ocupación do Solo (SIOSE), o mapa forestal, e todas as derivadas dos estudos que se encomenden ao Instituto.