24/2/12
UNITEGA realizará hoxe venres en Monforte de Lemos unha asemblea – coloquio para os cazadores e representantes dos Tecores da provincia de Lugo
A Unión de Tecores de Galicia (UNITEGA) promoverá
actos públicos que permitan contrastar a realidade da caza social de Galicia
diante do Anteproxecto presentado pola Consellería do Medio Rural para unha
nova lei de caza.
Deste xeito na provincia de Lugo realizarase mañá unha
charla-coloquio na vila de Monforte de Lemos, venres día 24 de febreiro de
2012, ás 20,30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura. A dito acto están
convocados todos os representantes dos Tecores da provincia de Lugo e cazadores
en xeral.
Esta toma de contacto está incardinada coa
necesidade de escoitar ó colectivo de cazadores afectados, feito que
seguramente garantirá que se incremente notablemente o número de alegacións,
sinónimo de que o conxunto de afectados non é indiferente diante desta nova
proposta de lei de caza para Galicia.
Dende UNITEGA realizouse un monográfico no boletín
gratuíto que se edita mensualmente, distribuído a tódolos Tecores de Lugo e
onde se contrastaban as principais modificacións propostas pola Xunta de
Galicia, así como aqueles preceptos que fican pendentes para a súa resolución
vía Regulamento posterior. O enlace ó noso boletín é:
Labels:
EVENTOS