19/2/12

Asamblea Xeral Ordinaria de UNITEGA: 4 de marzo de 2012

CONVOCATORIA DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 2012

Estimado socio, pola presente, convócaselle á ASAMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o próximo día 4 de marzo de 2012, no Salón de Actos do Concello de Laza, ás 10:00 horas en primeira convocatoria e ás 10:30 horas en segunda convocatoria. A Orde do día atenderá aos seguintes puntos:

1) Lectura das actas das reunións anteriores, e aprobación se procede.
2) Estado de contas do ano 2011, e aprobación se procede.
3) Admisión de novos socios, e aprobación se procede.
4) Presupostos e cotas para o ano 2012.
5) Actuacións realizadas ante as Administracións no 2011 e situación actual.
6) Actuacións da UNAC e colaboración con outras Asociacións.
7) Actividades dos medios de difusión: Páxina web, Facebook, boletín, etc…
8) Análise da campaña de seguros no 2011.
9) Proposta de actuacións para o ano 2012.
10) X Aniversario da creación de UNITEGA.
11) Rogos e preguntas.

Laza a 15 de febreiro de 2012
Florencio Blanco Conde
PRESIDENTE DE UNITEGA