12/1/12

Solicitud de segregación de terrenos del Tecor OU-10.250

Consellería do Medio Rural Xefatura Territorial Ourense Servizo de Conservación da Natureza Expediente: 07/11

Na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural (Servizo de Conservación da Natureza) presentouse unha solicitude de segregación dos montes veciñais en man común (mvmc) “Cabezo e Lamelas”, “De Xinzo” e predios privados, do Tecor societario “Serra de San Mamed”, OU-10.250 e a súa ampliación co Tecor lindante “Maceda”, OU-10.055. Unha vez vista a solicitude, e tendo en conta o establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), este servizo publica este anuncio, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida, no prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio, examina-lo expediente e presentar tódalas alegacións que consideren oportunas no Servizo de Conservación da Natureza, dependente da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería do Medio Rural (r/ do Paseo, 18 - 3º). Ourense, 13 de decembro de 2011. O xefe territorial. Asdo.: Ricardo Ignacio Vecillas Rojo.

B.O.P. do 12/01/2012